A Xunta destaca o apoio aos municipios turísticos na época estival para garantir a prestación de servizos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou a importancia das axudas de 145.000 euros a 11 concellos cun incremento elevado de poboación no verán destinadas á contratación de auxiliares de Policía Local
  • Incidiu na importancia das medidas da Administración autonómica coa finalidade de facilitar ás entidades locais a prestación de servizos a prol da seguridade de veciñanza e visitantes

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo hoxe balance no Parlamento galego das axudas da Xunta destinadas a apoiar aos concellos turísticos que nos meses de verán experimentan un elevado incremento de poboación na prestación de servizos relacionados coa seguridade co obxectivo de garantir o benestar da veciñanza e visitantes.

En concreto, abordou os detalles da convocatoria de axudas destinada á contratación de auxiliares de Policía Local entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste 2024. Estas subvencións do Plan específico de subvencións para a contratación de auxiliares de policía local contaron con 11 concellos beneficiarios -Sanxenxo, O Grove, Baiona, A Guarda, Miño, Poio, Cangas, A Pobra do Caramiñal, Cambados, Vilagarcía de Arousa e Monforte de Lemos- do orzamento total de 145.000 euros.

Como lembrou a directora xeral, estas achegas contribúen a cubrir parte dos gastos salariais dos efectivos que reforzan estes meses o cadro de persoal de Policía Local no posto de auxiliares. As contías que perciben as entidades locais beneficiarias oscilan entre os 21.500 e os 8.000 euros que lle corresponden segundo a porcentaxe que supoñen as prazas de aloxamento sobre o total de habitantes.

Natalia Prieto lembrou que na selección dos municipios beneficiarios tivéronse en conta outros criterios, entre eles, contar con máis de 5.000 habitantes, experimentar na tempada de verán un incremento estacional de poboación ou ter un mínimo de 1.000 prazas hoteleiras. Ademais, dispoñen da declaración como municipios turísticos galegos e dun corpo de policía local. Participaron tamén no proceso selectivo unitario convocado o pasado febreiro para a cobertura de postos de auxiliares de policía local e, alternativamente, teñen convocados procesos selectivos para cubrir postos desta categoría durante este ano.

Desde a posta en marcha deste plan, en 2012, o Goberno galego leva investidos máis de 1,1 millóns de euros no financiamento da contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán nos concellos turísticos da comunidade. Como sinalou a directora xeral de Administración Local, mantense o financiamento destas axudas cun importe que representa máis do dobre respecto á primeira convocatoria, isto é, dos 60.000 euros de 2012 aos 145.000 deste exercicio.

Ademais, incidiu en que estas subvencións permiten reforzar a eficacia dos corpos policiais dos municipios beneficiarios e facilitar ás entidades locais a prestación de servizos a prol da seguridade de veciñanza e visitantes. Neste caso -engadiu- coas achegas deste plan preténdese "reforzar a seguridade nos concellos máis turísticos cun elevado incremento da poboación estacional na época estival".

Segundo Natalia Prieto, trátase "dun claro exemplo da colaboración da Xunta cos concellos coa finalidade de contribuír á calidade do turismo e á satisfacción das persoas que visitan a comunidade".

Nesta liña, lembrou outras medidas relacionadas co reforzo da seguridade nos municipios galegos a través do apoio da Administración autonómica como as axudas á contratación de persoal dedicado á prestación de servizos de vixilancia, rescate e salvamento en instalación acuáticas ou as contías anuais para o funcionamento e a dotación de equipamento de servizos de emerxencias de competencia municipal -Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC)- así como a súa formación e a dos efectivos de forzas e corpos de seguridade desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/09/2024
444879 {"title":"A Xunta destaca o apoio aos municipios turísticos na época estival para garantir a prestación de servizos","published_date":"2024-09-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/112809-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"444879"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-04/444879-xunta-destaca-apoio-aos-municipios-turisticos-na-epoca-estival-garantir-prestacion-servizos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.