A Xunta salienta a iniciativa "Fóra Stocks" de Foz como exemplo do papel dinamizador dos centros comerciais abertos no impulso do comercio local
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Foz (Lugo), 22 de agosto de 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a iniciativa Fóra Stocks, unha acción organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e apoiada pola Xunta no marco convocatoria para a innovación e a dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan un total de 2,25 millóns de euros.
Durante estas xornadas -que se celebrarán desde hoxe e ata o sábado 24 de agosto- a trintena de establecementos comerciais adheridos á campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Gabriel Alén destacou a importancia deste tipo de eventos para achegar o comercio local á cidadanía e incentivar as compras de proximidade, contribuíndo ademais á dinamización da economía das vilas e cidades galegas.