A Xunta destaca a iniciativa 'Baiona en vela' como exemplo de dinamización comercial e impulso do pequeno comercio local
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á iniciativa da localidade pontevedresa
Baiona (Pontevedra), 17 de agosto de 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o mercado Baiona en vela - Edición verán, unha iniciativa apoiada pola Xunta e posta en marcha pola Asociación de comerciantes de Baiona (Aceba) a través da cal 18 establecementos do pequeno comercio sacan os seus produtos á rúa co fin de incentivar e dinamizar a economía local da vila.
Alí, o director xeral puxo en valor o papel dinamizador dos centros comerciais abertos, das asociacións e das federacións de comerciantes como entidades esenciais na vertebración social e territorial das vilas e cidades galegas. Nesta liña, Gabriel Alén valorou positivamente esta iniciativa -celebrada na rúa Carabela A Pinta aproveitando unha das zonas peonís do Centro Comercial Aberto Baiona Real- coa que se pretende revitalizar o comercio de proximidade, achegarse a todos os públicos e impulsar as vendas.
A Xunta de Galicia apoia o evento Baiona en Vela no marco da convocatoria para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan en total 2,25 millóns de euros.
Con estas achegas, os beneficiarios teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.