A Xunta lanza unha campaña de farmacovixilancia para impulsar a colaboración da cidadanía na identificación de efectos adversos dos medicamentos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Divulgaranse vídeos e infografías en centros de saúde e oficinas de farmacia para que a cidadanía coñeza como proceder para notificarlle á Administración unha reacción adversa a un fármaco
  • A farmacovixilancia encárgase de identificar, cuantificar, avaliar e previr os riscos derivados do uso dos medicamentos autorizados
  • Derivado da pandemia da covid-19, no ano 2021 houbo unha sensibilización especial con estas notificacións de reaccións adversas, incrementándose nun 269 %

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2024

A Subdirección Xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde vén de pór en marcha a iniciativa Coa túa colaboración os medicamentos poden ser máis seguros, unha nova campaña informativa que, impulsada polo Centro de Farmacovixilancia de Galicia en colaboración coa Escola de Saúde para os Cidadáns, ten por obxecto fomentar a colaboración da poboación na notificación de posibles efectos adversos nos medicamentos.

A campaña será difundida en centros de saúde e oficinas de farmacia con diferentes vídeos informativos e infografías que procuran facilitar como se debe proceder no caso de sospeitar dunha reacción adversa nun medicamento.

A web www.notificaram.es contén o formulario para trasladar unha notificación deste tipo á Administración sanitaria. Búscase tamén mellorar a calidade das notificacións que recibe a Administración sobre os fármacos comercializados na comunidade galega.

As principais funcións da Farmacovixilancia son identificar, cuantificar, avaliar e previr os riscos derivados do uso dos medicamentos autorizados. Ademais, o seu principal obxectivo é detectar reaccións adversas e interaccións descoñecidas. Un medicamento comercialízase establecendo unha relación beneficio/risco axeitado.

Non obstante, para coñecer o perfil de seguridade dun medicamento é preciso facer un seguimento continuo e coidadoso durante toda a súa vida. Isto permite identificar os efectos adversos non detectados ata ese momento, minimizar os riscos asociados ao seu uso, e garantir a seguridade dos pacientes.

Con esta iniciativa, o Centro de Farmacovixilancia do Servizo Galego de Saúde busca implicar á cidadanía e aos profesionais sanitarios na mellora da seguridade dos medicamentos.

No ano 2021, derivado da pandemia da covid-19, houbo unha sensibilización especial coas notificacións de reaccións adversas aos medicamentos, incrementándose un 269% o número de notificacións, respecto do ano anterior.

En 2023, acadouse un número de notificacións semellante ás rexistradas antes da pandemia, polo que estas notificacións axudan a mellorar a seguridade dos medicamentos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
399678 {"title":"A Xunta lanza unha campaña de farmacovixilancia para impulsar a colaboración da cidadanía na identificación de efectos adversos dos medicamentos","published_date":"2024-08-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/109633-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"399678"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-17/399678-xunta-lanza-unha-campana-farmacovixilancia-impulsar-colaboracion-da-cidadania-na-identificacion-efectos-adversos-dos-medicamentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.