O Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia conta con case medio cento de concellos adheridos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Imagen del artículo O Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia conta con case medio cento de concellos adheridos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Plan Sapraga estará vixente ata o 30 de setembro para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño
  • A adhesión das entidades locais é voluntaria para os municipios con augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde e permite unha maior coordinación en caso de incidencias ao poder contactar de xeito directo desde o CIAE 112 co servizo de socorrismo correspondente

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2024

A Xunta coordina o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia (Sapraga), activo desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, co obxectivo de garantir a cobertura das emerxencias nas zonas de baño, establecendo os procedementos de comunicación e coordinación cos servizos de emerxencias de Galicia (Platerga) no caso de emerxencias extraordinarias.

O Sapraga actívase con carácter estacional durante a época estival e, tendo en conta o marco competencial en materia de praias, a adhesión ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Poden adherirse cantas praias estean no censo, debendo contar con servizo de socorrismo e Plan de Prevención e Seguridade segundo se determina no Plan. Actualmente están adheridos case medio cento de concellos: 23 na provincia da Coruña, 16 da de Pontevedra, seis da de Lugo e tres da de Pontevedra.

Pese a que a adhesión ao plan é voluntaria por parte das entidades locais, permite unha maior coordinación na resposta a accidentes ou emerxencias que se produzan nas zonas de baño, ao poder contactar directamente desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia cos servizos de socorrismo ante unha chamada de emerxencia.

Cómpre engadir que formar parte do Sapraga é un dos criterios que se tivo en conta na concesión de axudas para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas aos 185 concellos galegos beneficiarios.

Trátase dun dos criterios de valoración da convocatoria, dotada con 1,5 millóns de euros,  xunto con outras variables como o número de zonas de baño do concello inscritas no Rexistro de Augas de Baño de Galicia, a poboación do municipio, o número de bandeiras azuis ou a declaración como municipio turístico galego. Neste exercicio houbo un 20% máis de entidades locais beneficiarias que o ano pasado e recibirán apoio da Xunta para financiar os custos salariais do persoal de socorrismo -tanto propio da entidade local destinado a este servizo como a súa prestación de a través dunha empresa externa-  no período do 1 de xuño ao 30 de setembro.

Representantes da Xunta, da Fegamp, 061, Cruz Vermella voluntarios de agrupacións de Protección Civil, Gardacostas e responsables en medio ambiente e turismo celebraron o pasado maio a reunión do comité asesor do Plan Sapraga previa á súa posta en marcha para establecer os procedementos de comunicación e coordinación cos servizos de emerxencias de Galicia (Platerga) no caso de emerxencias extraordinarias. Ademais, na actualización deste ano integráronse catro novas áreas de baño, situadas nos concellos coruñeses de Boiro, Camariñas, A Coruña e Ferrol.

Unha vez finalice a vixencia do plan a finais de setembro celebrarase outro encontro no avaliar e dar conta das praias adheridas e as incidencias atendidas, así como a inclusión de melloras que redunden na seguridade da poboación.

Plan sectorial preventivo e operativo

A través deste plan sectorial de carácter preventivo e operativo, aténdense as emerxencias ordinarias no espazo das praias. En caso de emerxencia extraordinaria, a proposta do CIAE 112 Galicia, e previa valoración do risco pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e o director xeral de Emerxencias e Interior, actívase o Platerga no nivel que corresponda, activando os grupos operativos que sexan necesarios e quedando nese momento integrado o Servizo Público de Prevención e Socorrismo da Praia no grupo de intervención do Platerga.

O Sapraga está dirixido polo director xeral de Emerxencias e Interior, coa misión de asegurar o bo funcionamento do plan, o seguimento e avaliación das actuacións, e garantir a integración no Platerga e o enlace cos plans de contaminación mariña e o de Salvamento Marítimo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
398210 {"title":"O Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia conta con case medio cento de concellos adheridos","published_date":"2024-08-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"398210"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-16/398210-plan-proteccion-civil-salvamento-nas-praias-galicia-conta-case-medio-cento-concellos-adheridos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.