A Xunta remite aclaracións ao Concello de Lugo sobre a nova situación das pasarelas do Miño e o traslado das náiades
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Estudou nun só día a documentación presentada, e lembra que a autorización para modificar o proxecto ten que solicitala á CHMS e para a translocación debe usar o procedemento apropiado
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 14 de agosto de 2024
A Xunta de Galicia remitiu esta mañá ao Concello de Lugo a resposta á documentación recibida onte na que solicitaba autorización para instalar dúas ramplas de acceso ao Miño e remitía o informe realizado sobre a existencia de especies protexidas.
O O Departamento Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático estudou os documentos coa máxima dilixencia e enviou ao Concello un escrito coas aclaracións precisas a fin de non perder máis tempo innecesariamente.
En primeiro lugar aborda o cambio de situación das plataformas, que agora o Concello propón trasladar uns metros precisamente para evitar o lugar de maior concentración de especies protexidas de náiades Potomida littoralis e Unio Delphinus, segundo os resultados do seupropio estudo. A Xunta informa de que autorización para a instalación das plataformas e competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, polo que a proposta da nova situación das plataformas deberá ser trasladada polo Concello de Lugo a este organismo de conca. No mesmo caso están os balizamentos propostos nesa zona de baño.
No que respecta á posibilidade de translocación das náiades, a autorización deberá solicitarse mediante o procedemento específico existente na sede electrónica da Xunta para este fin, como sen dúbida coñece o Concello de Lugo, xa que é o mesmo que se usou para obter a autorización para realizar o estudo da presenza de exemplares protexidos.
Por último, a Consellería apunta que, una vez máis, o propio informe municipal revela que a zona elixida non é a máis idónea para garantir a seguridade das persoas usuarias, con profundidades inferiores a 1,5 metros e o conseguinte risco de accidentes e lesións.