A Xunta presenta o 'I Programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O programa está a ser financiado polo Goberno galego a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e da de Política Social e Igualdade
- Nesta primeira edición da iniciativa foron acollidas na comunidade as salvadoreñas Carolina Amaya e Gabriela Villaroel, e a dominicana Juana Ferrer
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024 O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, presentaron esta mañá o I Programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos. Trátase da iniciativa Galicia Abriga, co que a Xunta pretende garantir un espazo seguro a mulleres defensoras de dereitos humanos pertencentes a organizacións e movementos sociais de países nos que a Cooperación Galega ten presenza.
O programa enmárcase nun convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Política Social e Igualdade coas ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e Asociación Ecos do Sur. O acordo conta cunha dotación de máis de 50.500 euros, dos que a Xunta achega máis de 48.000 euros.
Deste xeito, o Goberno galego contribúe a que as mulleres defensoras de dereitos humanos que ven ameazada a súa vida ou integridade física e psicolóxica, con motivo do seu labor, poidan saír do contexto de risco no que se atopan, fortalecendo as súas capacidades e mellorando o seu benestar.
Para iso, cóntase cun equipo xestor formado polas tres ONGD galegas que participan no acordo e cunha rede de apoio formada por 15 organizacións sociais e universidades galegas.
Nesta primeira edición do Programa, as tres defensoras seleccionadas para vir a Galicia foron dúas mulleres xornalistas salvadoreñas, Carolina Amaya e Gabriela Villaroel, e unha defensora do territorio e das mulleres do rural dominicano, Juana Ferrer.