A Xunta inicia a mellora dos terreos escavados na Tinería eliminando o valado que linda co adarve da Muralla en Lugo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Acometerá varias actuacións para corrixir o impacto visual de elementos instalados  durante a campaña arqueolóxica á espera do desenvolvemento urbanístico que permita definir o uso da zona 
Imagen del artículo A Xunta inicia a mellora dos terreos escavados na Tinería eliminando o valado que linda co adarve da Muralla en Lugo
Lugo, 1 de agosto de 2024

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acometerá o acondicionamento das parcelas da súa propiedade situadas entre a rúa dos Fornos e Recanto do Miño, comezando por eliminar os elementos instalados durante a campaña de escavacións arqueolóxicas que provocan impacto visual sobre a Muralla.

A Xunta recolle así a petición da asociación Lugo Monumental para abordar a mellora  estética da zona, á espera de que o desenvolvemento urbanístico da Unidade de Intervención 7 permita determinar o seu uso.  

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, expuxo hoxe as actuacións proxectadas nunha xuntanza co presidente da entidade, Luis Latorre; o xefe do Departamento Territorial de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Marco Antonio Fernández, e a portavoz do grupo municipal do PP no Concello de Lugo, Elena Candia.

Estanse tramitando os permisos da primeira intervención, que será inmediata e consistirá na substitución do peche de lamas de madeira situado xunto ao adarve por unha varanda metálica máis baixa, integrada e permeable. Manterá o deseño e materiais doutras xa existentes, como a das escaleiras do cubo XVIII, e permitirá a visión do entorno desde o monumento. 

En concreto, instalarase unha varanda de 100 centímetros de altura, a base de redondos de aceiro galvanizado separados cada 10 centímetros, con pintura efecto forxa de acabado en negro. Ao mesmo tempo, vanse desmontar dous postes metálicos situados nunha das parcelas.

Nunha segunda fase, previsiblemente no outono, substituirase o valado de chapa galvanizada que delimita todo o perímetro por outro de madeira. Por último, reforzarase a protección dos restos arqueolóxicos cambiando a lona xeotéxtil que os protexe e realizarase un aporte vexetal para regularizar o terreo.

Javier Arias explicou que se trata de "actuacións provisionais que perseguen un resultado estético acorde co contorno, dado que non se pode deseñar un proxecto definitivo en tanto non se produza o desenvolvemento urbanístico desta área".

Pola súa banda, Luis Latorre valorou positivamente que se actúe "nun punto icónico de Lugo, desde o que se ve a Catedral, a Tinería e a Muralla, por iso nos diriximos á Xunta para que arranxara este espazo".

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/08/2024
368141 {"title":"A Xunta inicia a mellora dos terreos escavados na Tinería eliminando o valado que linda co adarve da Muralla en Lugo","published_date":"2024-08-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/107834-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"368141"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-01/368141-xunta-inicia-mellora-dos-terreos-escavados-na-tineria-eliminando-valado-linda-co-adarve-da-muralla-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.