Gómez Caamaño salienta o labor da asociación Sarela e subliña o apoio ao tecido asociativo con 1,2 M€ para programas de carácter sociosanitario

Imagen del artículo Gómez Caamaño salienta o labor da asociación Sarela e subliña o apoio ao tecido asociativo con 1,2 M€ para programas de carácter sociosanitario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Sanidade salienta a importancia de que Galicia conte cun Proceso Asistencial Integrado (PAI) para o dano cerebral adquirido, co obxectivo de atender do mellor xeito posible as necesidades e os coidados que precisan os pacientes

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou esta mañá a sede Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela nun acto no que destacou o importante labor que desempeña o tecido asociativo no coidado e mellora da calidade de vida dos pacientes con dano cerebral adquirido.

Xunto co xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio; do presidente da Asociación Sarela, José Balboa; do presidente da Federación de Dano Cerebral de Galicia, Luciano Fernández; e da directora de Sarela, Rocío García, Gómez  Caamaño destacou a importancia de que Galicia conte cun Proceso Asistencial Integrado (PAI), destinado de xeito especifico ás necesidades e coidados dos pacientes con dano cerebral. A este respecto, subliñou a implicación de Rocío García durante o seu proceso de elaboración e deseño.

O titular de Sanidade remarcou o labor que desenvolve o conxunto do tecido asociativo no eido da saúde. Así, e para contribuír ao desempeño das súas funcións, este ano 2024 a Xunta destinará máis de 1,2 millóns de euros aos programas de carácter sociosanitario.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela foi creada no ano 2000 para prestar axuda ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias no ámbito da área sanitaria de Santiago e Barbanza. Actualmente está conformada por máis de 800 persoas socias, colaboradoras, voluntarias e profesionais, sendo un referente a nivel autonómico.

Desde fai anos, o Servizo Galego de Saúde colabora con Sarela levando a cabo programas de atención fisioterapéutica para fomentar a autonomía das persoas afectadas polo dano cerebral adquirido, previr o deterioro das súas capacidades físicas e apoiar ás familias e persoas coidadoras.

Entre os obxectivos da asociación están promover a defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido, a súa integración e normalización social e o seu coidado, asistencia e protección. Ademais, exerce un papel divulgador e orientativo para a prevención do dano cerebral adquirido e os seus efectos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
318632 {"title":"Gómez Caamaño salienta o labor da asociación Sarela e subliña o apoio ao tecido asociativo con 1,2 M€ para programas de carácter sociosanitario","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"318632"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/318632-gomez-caamano-salienta-labor-da-asociacion-sarela-e-sublina-apoio-ao-tecido-asociativo-1-2-m-programas-caracter-sociosanitario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.