A Xunta destaca a industria láctea como garantía de futuro para o rural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron ao acto de presentación de novos sabores de Bico de Xeado  

Oleiros (A Coruña), 29 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron hoxe ao acto organizado pola marca Bico de Xeado para presentar os seus novos sabores, onde sinalaron a industria láctea como garantía de futuro para o rural.

Diego Calvo eloxiou o labor realizado por Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, propietaria da marca Bico de Xeado, e das granxas O Cancelo, en Miño, e A Esperanza, en San Sadurniño, onde se produce o leite para a elaboración do xeado. O conselleiro referiuse á importancia de apostar polo sector leiteiro e polo potencial do leite como materia prima, co obxectivo de consolidar a marca Galicia como garantía de calidade tanto na produción en orixe como na transformación.   

Pola súa banda, Ana Méndez salientou a aposta de Bico de Xeado polo selo de Galicia Calidade, levando o distintivo por todo o territorio nacional e sorprendendo aos consumidores con novos xeados, innovando e coas marcas da calidade e o produto saudable como bandeiras.  

A empresa coruñesa conta co distintivo de calidade dende o ano 2021 superando no 2022 os 20 millóns de euros de facturación. Unha aposta pola calidade e a economía circular, destacou a directora-xerente de Galicia Calidade, e de posta en valor do leite producido polas vacas da propia cooperativa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
295175 {"title":"A Xunta destaca a industria láctea como garantía de futuro para o rural","published_date":"2024-06-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150845\/240627_Conse_premios_Ribeiro.jpeg","id":"295175"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-29/295175-xunta-destaca-industria-lactea-como-garantia-futuro-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.