Xosé Merelles salienta a oportunidade que ofrece o bo momento do turismo para emprender

Imagen del artículo Xosé Merelles salienta a oportunidade que ofrece o bo momento do turismo para emprender

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia participa na inauguración do complexo turístico Porto Cabana by Miramar Stays que vén de porse en marcha en Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 29 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na apertura do complexo turístico Porto Cabana by Miramar Stays en Cabana de Bergantiños, onde salientou a oportunidade que está a ofrecer o bo momento do turismo para emprender no sector.

 

Xosé Merelles referiuse aos bos datos sobre o mes de maio no sector hoteleiro que foi o mellor en termos de viaxeiros, noites e rendibilidade e no que Galicia foi a terceira comunidade autónoma que medrou máis intensamente. "Nos cinco primeiros meses do ano a rendibilidade do sector hoteleiro medrou un 7%", engadiu.

 

O director de Turismo agredeceu aos impulsores do proxecto a súa aposta por emprender na Costa da Morte e facelo "cunha proposta para o ámbito familiar e interesado pola natureza, deporte, cultura, que será muy importante na Estratexia de Turismo de Galicia 2030 na que estamos a traballar".

 

O novo complexo turístico está composto por 15 chalets e 3 apartamentos adaptados a usuarios con mobilidade reducida e zonas comúns nas que disfrutar da natureza e a tranquilidade. Con vistas á desembocadura do río Anllóns e caracterizados por un deseño especial, os apartamentos disponen tamén de instalacións de ocio e deportivas, zona wellness ou sala de lectura. Están orientados ao turismo familiar e perseguen a inmersión cultural no destino, enfocando a estadía ao deporte e benestar, ao descubrimento da gastronomía da zona.

 

Lévao a cabo Miramar Stays, a nova división aloxativa da axencia online con sede no porto da Coruña Miramar Cruises S.L, a primera e única axencia online especializada de Galicia na venda de cruceiros turísticos. Neste 2024, tras 12 anos de traxectoria, a empresa impulsou o nacemento deste novo proxecto de intermediación turística baseada nos aloxamentos singulares, ubicados en contornas privilexiadas distinguidos polo seu respecto á paisaxe, ao medio ambiente e enfocados ao viaxeiro sensibilizado coa natureza e a beleza dos lugares nos que se hospeda.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
294582 {"title":"Xosé Merelles salienta a oportunidade que ofrece o bo momento do turismo para emprender","published_date":"2024-06-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"294582"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-29/294582-xose-merelles-salienta-oportunidade-ofrece-bo-momento-do-turismo-emprender https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.