A Xunta subliña que seguirá traballando para lograr unha Galicia máis verde e sustentable

Imagen del artículo A Xunta subliña que seguirá traballando para lograr unha Galicia máis verde e sustentable

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, clausurou as XIV Xornadas Técnicas Enermar: O Mar e as Enerxías Renovables

A Coruña, 28 de xuño de 2024

 O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, subliñou hoxe que o compromiso da Xunta é seguir traballando para lograr unha Galicia máis verde e sustentable.

O director xeral clausurou as XIV Xornadas Técnicas Enermar: O Mar e as Enerxías Renovables onde sinalou que Galicia aspira a seguir sendo un referente na eólica terrestre, pero tamén na mariña, pois o sector enerxético agora mira ao mar.

Neste senso, Fernández Vila explicou que Galicia aspira a ser un referente neste eido pero garantindo sempre a compatibilidade cos recursos pesqueiros, co medio mariño e co medio ambiente, e incidindo na repercusión dos beneficios sociais e económicos que se teñen que quedar no territorio.

Neste senso, lembrou que a Xunta presentou alegacións ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar cun total de 16 propostas que se elaboraron tendo en conta as presentadas polos sectores pesqueiro e industrial, así como por parte de varios promotores e no marco do traballo que se vén realizando no Observatorio da eólica mariña de Galicia.

Xa con máis detalle, o director xeral explicou que para Galicia hai tres cuestións básicas que debe contemplar esta normativa: o proceso de diálogo público-privado, que debe ser obrigatorio e non opcional; a inclusión na orde pola que se vaia regular a convocatoria de concorrencia competitiva de medidas compensatorias para os sectores afectados; e por último a valoración dos criterios non económicos dos proxectos ten que supoñer un 50%, polo menos, da ponderación total, fronte ao máximo do 30% recollido actualmente no proxecto de Real decreto.

Pablo Fernández Vila tamén lembrou que a Xunta xa aprobou a ampliación da autorización para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre da plataforma experimental de enerxías mariñas de Punta Lagosteira, localizada nas inmediacións do Porto Exterior da Coruña. O obxectivo é avanzar en novas oportunidades de desenvolvemento nun emprazamento que é un referente para os especialistas do sector, que ven na plataforma experimental un espazo cunhas condicións óptimas para os ensaios, as tarefas de instalación e mantemento dos dispositivos e mesmo para validar deseños, compoñentes e materiais, así como verificar a súa viabilidade técnica e económica.

A Comunidade galega é unha das rexións europeas con maior potencial de enerxías renovables mariñas polo que contar cunha área de ensaio onde desenvolver actividades que favorezan o desenvolvemento tecnolóxico e de estudios relacionados co medio mariño, a biodiversidade e os recursos enerxéticos renovables resulta fundamental para seguir avanzando nos eidos enerxético, medioambiental e socioeconómico.

Ademais, a Xunta agarda poñer en marcha unha segunda plataforma experimental para testar prototipos de eólica mariña flotante co obxectivo de afondar no coñecemento das novas tecnoloxías  e co convencemento de que as enerxías renovables formen parte do futuro mix enerxético para avanzar nos procesos de transición enerxética e descarbonización. Un proxecto que agarda polo apoio do Estado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
293755 {"title":"A Xunta subliña que seguirá traballando para lograr unha Galicia máis verde e sustentable","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100518-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"293755"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/293755-xunta-sublina-seguira-traballando-lograr-unha-galicia-mais-verde-e-sustentable https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.