Lorenzana apela ao traballo conxunto para que o sector galego da automoción saia fortalecido fronte aos novos retos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Remarca que cada ano esta industria en Galicia consolida cifras récord en facturación, exportacións, creación de emprego ou vendas ao exterior
  • Considera, non obstante, que o fundamental é evitar a deslocalización de investimentos, e reitera o compromiso da Xunta co sector con medidas como o plan director da automoción e a liña de axudas de 18 M€ para a industria de compoñentes

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 11 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, apelou hoxe ao traballo conxunto entre a Administración autonómica e toda a cadea de valor do sector da automoción en Galicia para que esta industria saia fortalecida fronte aos retos que está afrontando. "A automoción ten, a día de hoxe, moitas dificultades desde o punto de vista regulatorio, da electrificación, a competencia con economías con custos laborais e medioambientais máis laxos, e necesitamos, sen dúbida, facelo moi ben, primeiro de todo, os gobernos", dixo.

Acompañada da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Carmen Cotelo, e do secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, Lorenzana asistiu hoxe á presentación do proxecto 'Facendo Plus', liderado por Stellantis Vigo en colaboración co CTAG, Gradiant, Aimen, EnergyLab, a Universidade de Vigo e as empresas Unimate Robótica, SFC Solutions, Probotec e Itera Técnica. Un proxecto que se enmarca na última convocatoria do programa de axudas da Xunta 'Fábrica Intelixente e Sustentable' (24 M€) que, desde 2016 e nas súas cinco edicións convocadas, prestou apoio a 24 iniciativas de innovación industrial que mobilizaron 271 M€ en investimentos.

Na súa intervención, Lorenzana puxo en valor como cada ano a automoción en Galicia consolida cifras récord. En facturación, un 12 % máis en 2023, ata acadar os 13.000 M€. En exportacións, en 2023 marcou o seu mellor dato histórico, con 9.400 M€, o que supón un incremento do 14 % con respecto a 2022 e equivale ao 31,3 % do total de exportacións de Galicia. En capital humano, a cifra de persoas traballadoras creceu un 7 % e contabiliza neste momento 24.800 empregos directos. Tamén as vendas de compoñentes ao exterior creceron un 18 % en 2023, alcanzando os 2.050 M€. E en produción nacional, a factoría de Balaídos fabricou o pasado ano o 22 % dos vehículos producidos en España, polo que volve a ser a máis produtiva.

Lorenzana considerou, non obstante, que o fundamental neste momento é evitar a deslocalización de investimentos. Ao respecto, reiterou o compromiso da Xunta co sector, que se pon de manifesto con medidas como o plan director da automoción que se vai presentar este mes e que inclúe a liña de axudas de 18 M€ de fondos propios para apoiar a competitividade, a eficiencia enerxética e os investimentos da industria de compoñentes que acompañan a Stellantis en todo o seu proceso produtivo. E tamén apuntou que a Xunta está traballando en novas liñas dentro dos fondos FEDER asignados a Galicia destinadas ao sector, sabendo que as pequenas e medianas empresas auxiliares xeran máis de 18.000 empregos.

Unha vez máis, a conselleira volveu lembrar que hai máis de 33.000 M€ de fondos en Pertes industriais e o 50 % aínda está sen convocar, polo cal considerou que "aínda hai marxe para que eses fondos poidan chegar ao tecido produtivo e a esas rexións que somos líderes en produción e que temos que seguir séndoo".

Lorenzana concluíu facendo referencia aos tres piares en que se basea a política económica da Xunta: a desburocratización, coa Oficina Económica do Igape en marcha desde abril; a aceleración de proxectos industriais de máis de 800.000 euros de investimento; e unha planificación enerxética adaptada á planificación de solo industrial a través do mapa industrial no que se está a traballar. Xunto con isto, tamén mencionou o impulso á innovación industrial, cunha nova área de innovación no Igape coordinada coa Axencia Galega de Innovación (Gain), agora dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2024
256499 {"title":"Lorenzana apela ao traballo conxunto para que o sector galego da automoción saia fortalecido fronte aos novos retos","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611+LorenzanaStellantisFacendoPlus_1.jpg","id":"256499"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256499-lorenzana-apela-ao-traballo-conxunto-sector-galego-da-automocion-saia-fortalecido-fronte-aos-novos-retos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.