A Xunta amplía a oferta do instituto plurilingüe de Valga, que contará con dous novos títulos de alta especialización de FP
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, confírmalle ao alcalde que a partir de setembro tamén operará o novo ciclo de Dual Intensiva de Xardinaría e floraría
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024
A Xunta de Galicia amplía a oferta formativa no Instituto IES Plurilingüe de Valga coa incorporación de dous novos títulos de alta especialización e outro de FP Dual Intensiva, que suman un total de 66 novas prazas no seu conxunto. Así llo trasladou a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, ao alcalde da localidade, José María Bello, durante unha xuntanza de traballo mantida hoxe para analizar distintas cuestións neste eido.
Así pois, a partir de setembro, o Instituto de Valga impartirá, como novidade, os títulos de alta especialización de Mantemento electrómecánico e oferta parcial de mecanizado, e do de Mecatrínica industrial e oferta parcial de Automatización e robótica industrial, con 22 prazas cada un deles. Estes títulos, exclusivos de Galicia, son formacións configuradas ad hoc para atender demandas específicas das empresas.
A maiores, o vindeiro curso, tamén se suma á oferta xeral para este concello o ciclo Dual Intensivo de grao medio de Xardinaría e floraría, con outras 22 prazas.
Trátase, en palabras da representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, dunha oferta "moi axeitada á zona de Valga e á súa área de influencia" que dá resposta á demanda empresarial deste concello, onde están instaladas empresas punteiras tanto no ámbito do mecanizado como de xardinaría.