A Xunta recibe 4 ofertas para a redacción do proxecto da reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo, cuxas obras suporán un investimento de 2,5 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Este contrato conta cun prazo de execución de 28 meses, abrangue a dirección das obras ata a súa completa finalización e suporá un investimento de case 175.000 €
  • A actuación permitirá a modernización completa do centro, adaptando o edificio aos criterios de sostibilidade e eficiencia enerxética, resolvendo os problemas de accesibilidade e redistribuíndo os espazos para a mellor prestación sanitaria
  • O obxectivo da Xunta é dotar o centro de saúde de 6 consultas de medicina xeral e outras tantas de enfermería; 2 salas de docencia; 1 despacho de traballo social; 2 salas polivalentes; 1 sala de técnicas, 1 de urxencias e outra de toma de mostras  

A Xunta recibiu catro ofertas de empresas para a redacción do proxecto da reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa de Lugo, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 2,5 M€.

Trátase dos traballos que deben dar forma á completa mellora deste centro de saúde, adaptando as súas instalacións ao século XXI, optimizando espazos e asegurando a eficiencia enerxética e a accesibilidade.

O contrato, que conta cun prazo de execución de 28 meses, abrangue a dirección das obras ata a súa completa finalización, e suporá un investimento que rolda os 175.000 €.

O obxectivo desta actuación da Xunta é reordenar os espazos e acometer unha reforma integral que permita modernizar e acabar coas deficiencias deste centro de saúde, cuxas instalacións, a día de hoxe, están obsoletas.

Cómpre lembrar que se trata dun equipamento con 44 anos de antigüidade que ocupa un antigo sanatorio, con 1.500 m2 de superficie construída nun edificio de 4 andares que presenta problemas de accesibilidade, funcionalidade e tamaño nos espazos asistenciais, tanto de consultas como de salas.

Deste xeito, mediante este contrato a Xunta persegue no seu deseño ir máis alá dunha mera reorganización de usos e acometer unha actualización completa que permita adaptar o edificio aos actuais criterios de sostibilidade e eficiencia enerxética. Para iso está prevista a renovación e adecuación do illamento da envolvente exterior, coa renovación e mellora funcional das fachadas e das cubertas, ademais das instalacións.

Baixo este contrato definiranse as intervencións necesarias que resolverán, ademais, os problemas de accesibilidade, tanto no propio acceso ao edificio como nas comunicacións internas, tanto verticais como horizontais. Deste xeito, a mellora da accesibilidade non só será para os peóns, senón que tamén se dotará este centro de saúde da Milagrosa dun espazo axeitado para a entrada da ambulancia baixo teito e un lugar para dispoñer de cadeiras de rodas e padiolas á disposición dos pacientes que o necesiten. Ademais, habilitaranse aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

Tamén se levará a cabo unha redistribución de espazos para garantir a prestación sanitaria nas mellores condicións, tanto para os traballadores como para os pacientes.

O obxectivo da Xunta é dotar o centro de saúde da Milagrosa de 6 consultas de medicina xeral e outras tantas de enfermería; 2 salas de docencia; 1 despacho de traballo social; 2 salas polivalentes; 1 sala de técnicas; 1 de urxencias; e 1 de toma de mostras.

Tamén se disporá unha área de admisión e zonas para o persoal, mellorando espazos existentes como o de coordinación ou sala de xuntas, e incorporando outros novos, como a sala de estar ou o vestiario.

Esta nova actuación enmárcase no camiño da mellora e do reforzo das infraestruturas sanitarias en Lugo que está a levar a cabo o Goberno galego. A este respecto, cabe sinalar que nestes momentos a Xunta ultima os traballos para a posta en servizo, nos primeiros meses deste ano, do que será o primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia, no Barrio da Residencia, grazas a un investimento autonómico de 12 millóns de euros.

A reforma do centro de saúde da Milagrosa é unha das dúas actuacións na cidade de Lugo que a Xunta de Galicia incluíu na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en outubro de 2021. A segunda é a posta en marcha dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón, que continúa agardando a que o Concello de Lugo achegue unha parcela axeitada para a execución desas obras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/01/2023
11915 {"title":"A Xunta recibe 4 ofertas para a redacción do proxecto da reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo, cuxas obras suporán un investimento de 2,5 M€","published_date":"2023-01-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"11915"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade;Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-01-21/11915-xunta-recibe-4-ofertas-redaccion-do-proxecto-da-reforma-integral-do-centro-saude-da-milagrosa-lugo-cuxas-obras-suporan-investimento-2-5-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.